Este é o blog da Biblioteca do CEIP Vilaverde. Nel iremos colocando todo o que, ao redor da lectoescritura e busca da información, consideremos de interese. Lampi, a mascota da biblioteca non deixará de sorprendernos constantemente.
23 abr 2024
APADRIÑAMENTO LECTOR
Para celebrar o "Día do Libro" non podíamos facer outra cousa que potenciar un pouquiño a lectura. Neste caso, vemos como varios alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria lles len uns contos aos pequenos e pequenas de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria.
22 abr 2024
DÍA DO LIBRO
Mañá, 23 de abril, celébrase o "Día do Libro" e na biblioteca de Lampi temos preparada unha exposición de contos de Miguel de Cervantes.
BUZÓN DE PROPOSTAS LECTORAS
Incorporamos na biblioteca de Lampi un buzón de propostas lectoras para aqueles rapaces e rapazas que queiran suxerirnos algúns libros para ter na biblio. É moi sinxelo: colledes un papeliño, anotades o título, metédelo no buzón e... maxia!! O libro aparecerá con moitas ganas de que alguén o colla para ler.
Na imaxe podedes ver a varios alumnos e alumnas de 5º que foron polas aulas explicando o funcionamento do buzón de propostas.
22 mar 2024
21 mar 2024
21 DE MARZO DÍA DA POESÍA
Coa chegada da primavera coincide o Día da Poesía, polo que decidimos mesturar as dúas festividades e facer flores poéticas. Mirade que alegría lle demos á entrada e ás paredes do exterior da biblioteca!!
19 mar 2024
XOGOS DE MESA NA BIBLIOTECA
Comezamos o luns con xogos de mesa na biblioteca e nesta caso tocou o "xedrez" e a "oca".
Pouco a pouco iremos incorporando novos desafíos aos pequechos, cal será o seguinte?
8 mar 2024
8 M: Día Internacional da Muller
Xa temos colocado o novo recuncho do Día Internacional da Muller. Deixámosvos uns exemplos de libros por se queredes traballar algunha idea cos vosos fillos e fillas. Esperamos que vos sexa de utilidade!
28 feb 2024
VISITA DE ORBIL
Hoxe tivemos a visita de ORBIL, a mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Aos nenos e nenas do centro encantoulles, polo que seguro que están desexando volver a velo.
26 ene 2024
10 ene 2024
XOGOS DE MESA
Hoxe na biblioteca estivemos aprendendo a xogar ao axedrez, ao "uno" e a outros xogos de cartas. Nos próximos días iremos introducindo novos xogos de mesa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
APADRIÑAMENTO LECTOR
Para celebrar o "Día do Libro" non podíamos facer outra cousa que potenciar un pouquiño a lectura. Neste caso, vemos como varios a...
-
FOI EN 1995 CANDO A UNESCO APROBOU A CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. 1. SABEDES POR QUE O DÍA DO LIBRO É O 23 DE ABRIL? 2....
-
NESTE TRIMESTRE DOUS NOVOS PROXECTOS PRECISAN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA, UN SOBRE OS SERES VIVOS EN 2º E OUTRO SOBRE O CORPO HUMANO EN 1º. ...
-
DURANTE ESTE TRIMESTRE ALUMNADO E PROFESORADO VÉN TRABALLANDO AO REDOR DA ARTE COMO TEMA CENTRAL DAS ACTUACIÓNS VERTICAIS DE CENTRO, A ARTE...