9 oct 2015

ANTÍO DEIXOUNOS ESTE CONTO PARA LER



ANTÍO, A MASCOTA DO MAGOSTO, DEIXOUNOS UN CONTO PARA FALAR DO OUTONO E AS SÚAS CORES.

PINTAR SEN PINCEIS
Unha vez había un neno chamado Pepiño.
Un día a nai de Pepiño preguntoulle:
- Pepiño, de que color che gustaría pintar o teu cuarto?
 - Non sei, teño que pensalo...
- Pois pensa rápido que pronto virá o inverno e despois non seca ben a pintura.
Pepiño saíu ao xardín, sentouse debaixo dunha árbore e púxose a pensar...
- Se o pintamos de vermello, quedaría un chisco rechamante... Se o pinta...
De súpeto caeulle unha folla enriba do nariz...
 - Amarela! Como me gusta esta cor!
 - Ssssss!
- Escoitou que lle dicían
- Quen é?
 - Son a señora do tempo e teño moito traballo coas cores de outono, se fas barullo atrapállasme, non me dou concentrado
 - Xa... E que fas para precisar tanta concentración?
 - Teño que seguir pintando as follas da árbore.
- Pero vostede non leva pincel. Con que vai pintar?
- Eu pinto sen pinceis.
- Ah! Pinta co dedo?
- Non eu pinto co que levo nesta bolsa.
Pepiño pensaba : que haberá nesa bolsa? ¿que haberá?... A señora do tempo abriu un chisquiño da bolsa e saíu un fffffffffffffffffffffff!
 - Vento frío fai que as follas se poñan amarelas, despois sopra nalgunha delas para poñelas... vermellas!
- Ai que frío- dixo Pepiño - e marchou á casa para poñerse un xersei
Cando volveu ao xardín viu que a señora abríu outro recantiño da bolsa e dicía:
 - Sol, soliño , agora sae temperadiño e quenta pouquiño as follas para que sequen amodiño
Pepiño viu como as follas das árbores secaban, dobraban, dobraban,...
E o vento sopraba:
 - ffffffffff
E as folliñas voaban e voaban e caían ao chan.
E o vento sopraba máis e as follas viraban marróns, laranxas,...
Pepiño entón volveuse cara á señora do tempo e preguntoulle polo seu nome
 - Eu son a señora Estación de Outono e coa miña bolsa amáñoo todo.
Un vento fresquiño fixo que caese unha landra no nariz de Pepiño que espertou.
- Mamá! Xa sei como vou pintar o meu cuarto...
- Como?
- Coas cores do outono e non te preocupes, non vas precisar chamar a ninguén para facelo, Xa o farei eu cunha bolsa.

Adaptación do conto "Pintor sen pinceis" de Martha A. Salotti.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS

Hoxe no recreo estivemos facendo unha actividade sobre Luísa Villalta, para coñecer un pouco mellor á homenaxeada no Día das Letras Galegas.