21 oct 2014

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

LAMPI ESTÁ FELIZ.
VAI ESTAR DE CELEBRACIÓN DENTRO DE POUCO.
O 24 É O DÍA DA BIBLIOTECA E PARA UNHA OCASIÓN TAN ESPECIAL CONVIDOU A UN PERSONAXE QUE LLE GUSTA MOITO.
É UNHA NENA E CHÁMASE MAFALDA.
MAFALDA APARECE EN TIRAS CÓMICAS E ESTE ANO CÚMPRESE O 50 ANIVERSARIO DA APARICIÓN DA SÚA PRIMEIRA TIRA CÓMICA.
ADEMAIS AO SEU AUTOR, QUINO, DÉRONLLE O PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE COMUNICACIÓN.


NAS CLASES APARECERON TIRAS CÓMICAS DE MAFALDA PARA LER E UN CONVITE PARA IR Á BIBLIOTECA.
TEMOS UNHA PRESENTACIÓN PARA TRABALLAR CON MAFALDA, XA VOS CONTAREMOS...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS

Hoxe no recreo estivemos facendo unha actividade sobre Luísa Villalta, para coñecer un pouco mellor á homenaxeada no Día das Letras Galegas.