10 oct 2014

O MAGOSTO NA BIBLIOTECA

XUSTO FRONTE Á BIBLIOTECA COLOCOUSE ANTÍO NA SÚA ÁRBORE.

CHEGOU AO COLEXIO PARA FACERNOS PENSAR NO MAGOSTO, NAS CANTIGAS DA ÉPOCA, NOS XOGOS,...
NESTE ANO DE CIENCIA FICCIÓN ATOPOUSE CUN PROBLEMA: DONA CASTAÑA FUXÍU AO ESPAZO. CO QUE LLE GUSTAN A EL AS CASTAÑAS!
DEIXARÁ UNHA CARTA NAS CLASES PARA QUE LLE AXUDEN A ATOPAR A DONA CASTAÑA E ELABOREN TEXTOS DIFERENTES: ESQUEMAS BIOGRÁFICOS, CÓMICS, MENÚS IR AO ESPAZO, TARXETAS, CADERNOS DE BITÁCORA... LOGRARÁ ATOPALA PARA CANDO ASEMOS AS CASTAÑAS NO PATIO?


NA BIBLIOTECA IRÁN APARECENDO ESCOLMAS DE LIBROS SOBRE A ÉPOCA. NON DEIXEDES DE VISITALA.
AQUÍ TENDES LECTURAS RELACIONADAS CO MAGOSTO: - A CASTAÑEIRA
- A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS

Hoxe no recreo estivemos facendo unha actividade sobre Luísa Villalta, para coñecer un pouco mellor á homenaxeada no Día das Letras Galegas.