30 oct 2014

REMATA O MES CUN POEMA NAS CLASES

LAMPI LEVOU ÁS CLASES UN POEMA.
UN POEMA DEDICADO AO MES DE OUTUBRO.
É UN POEMA DE ANTONIO RUBIO TITULADO: "OUTUBRO"

En outubro, o vento
compón alalás
e orquestras aéreas
marcan o compás.

Cabalgan os músicos
aves musicais
ao trote de danzas
roldas e espirais.

O vento mareiro
interpreta un valse:
as follas de outono
despídense e vanse.


E COMEZARÁ O SEGUINTE CON OUTRO POEMA REMITIDO DENDE A BIBLIOTECA...




No hay comentarios:

Publicar un comentario

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS

Hoxe no recreo estivemos facendo unha actividade sobre Luísa Villalta, para coñecer un pouco mellor á homenaxeada no Día das Letras Galegas.