8 feb 2025

BIBLIO EN PAZ

Con motivo da festividade do Día da paz e da non violencia, como xa é habitual na nosa biblioteca, ofrecemos libros relacionados coa temática decorando o noso recuncho de conmemoracións. 

E a profe Susi no recreo realizou unhas actividades moi chulas como contacontos, taller de palomiñas da paz..

E tamén realizamos unha actividade todo o centro para dicir NON á violencia e SI á convivencia en harmonía. 










22 ene 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS

Chegaron novas mochilas viaxeiras ao noso colexio dende Bibliotecas Escolares de Galicia, co fin de que leamos en familia. 

Novas aulas animáronse a participar e xa son 51 familias máis este curso as que poden gozar desta actividade tan chula. 



30 nov 2024

VILAVERDE CONTRA O MALTRATO

Días moi intensos no noso colexio.

Dende a biblioteca organizamos unha serie de actividades con motivo da reivindicación do 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero,
Por un lado nas aulas levamos a cabo unha actividade que se chamou "Desmontando a Disney" e tratábase de visualizar por niveis pequenos trozos da película de Disney que lles tocou para detectar actitudes contrarias á igualdade entre homes e mulleres.
E resultou que Cenicienta non quería limpar a casa ela soa, Mulán quería escoller con quen casarse, a Sirenita non quería renunciar á súa voz... e un montón de cousas máis.
Para reflexar a nosa decepción coas mensaxes destas películas elaboramos o noso propio carrete de película reivindicando a nosa opinión ao respecto. E fixemos unha fermosa exposición na biblioteca para deixala ben bonita. 
Ademais diso deixamos as nosas mensaxes onde deixamos claro que as mulleres poden ser todo o que elas se propoñan e que ninguén ten dereito a mandar sobre elas. 
Tamén nos anudamos un lazo morado nos nosos pulsos.
Levamos a cabo lecturas como "Rosa caramelo" ou "Pepuka" entre outras, onde descubrimos e debatimos sobre as inxustizas que moitas nenas teñen que sufrir mesmo dende o momento de nacer. Xa que se lles pide que sexan fermosas, princesas, perfectas.... vaia rollo!

E unha actividade que nos encantou e á que asistiron moitísimos nenos e nenas foi o pintado de uñas violetas durante o recreo. Foi moi bonito ver que moitos nenos deixaron atrás os seus prexuizos e pintaron as uñas, xa que pintarse as uñas non só é de nenas. 




Durante o recreo, na biblioteca tamén levamos a cabo un taller de pócimas máxicas contra o maltrato, e sairon verdadeiras marabillas. 


E por último queremos dar as grazas á nosa ANPA, que nos preparou esta preciosidade feita con globos violetas para cando chegáramos o luns ás aulas atopáramos o cole así de fermoso.


Tamén prepararon unha actividade moi chula onde as nenas e nenos expresaron o seu rexeitamento á violencia cuns debuxos moi bonitos.

Grazas a toda a nosa Comunidade Educativa por formar parte disto, lembrade que a educación en igualdade é cousa de todas e todos. As nosas nenas merecen ser libres e ser o que elas queiran. 

E se ti que estás lendo isto necesitas axuda, lembra que podes chamar ao 016, e que non queda rastro na factura telefónica. E que na nosa escola estaremos sempre para axudarte. Non estás soa, non cales! 

22 nov 2024

VILAVERDE CONTRA O MALTRATO

Xa podedes atopar na porta da nosa biblioteca o cartel das actividades conmemorando o 25N. 

Luns 25 taller de uñas en morado.
Mércores 27 taller de pócimas máxicas contra o maltrato.
Venres 29 actividade sorpresa.

Ademais o alumnado pasará na súa hora de biblioteca a visualizar o traballo feito nas aulas, e levarán un laciño violeta.


XOGOS DE MESA

 Menuda acollida tivo a xornada de xogos de mesa. 

Unha afluencia na biblioteca que da gusto.

O UNO, o Dobble e outros tantos cos que os nenos divítense ao mesmo tempo que aprender a gañar, a perder, a agardar, a seguir instruccións, a manter a atención... e moitísimos máis beneficios que nos aportan os xogos.

Animámosvos tamén a xogar na casa en familia, risas aseguradas!







BIBLIO EN PAZ

Con motivo da festividade do Día da paz e da non violencia , como xa é habitual na nosa biblioteca, ofrecemos libros relacionados coa temáti...