19 dic 2014

BOAS FESTAS DENDE A BIBLIOTECA

A BIBLIOTECA DO CEIP VILAVERDE E A SÚA MASCOTA, DESÉXANVOS FELICES FESTAS.
OGALLÁ QUE O VINDEIRO ANO 2015 VEÑA CARGADO DE LECTURAS VARIADAS
AQUÍ VOS DEIXAMOS AS SUXESTIÓNS ELABORADAS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, O EDL E A BIBLIOTECA PARA QUE LEADES MOITO NESTES DÍAS E/OU QUE LLAS PIDADES AO PANDIGUEIRO:



16 dic 2014

HOXE ANIMACIÓN CON AUTOR PARA 4º

AS NENAS E OS NENOS DE 4º, HOXE TIVERON UNHA INTERESANTÍSIMA SESIÓN CO AUTOR DO LIBRO CO QUE TRABALLARON AO LONGO DO TRIMESTRE.



ABRAHAM CARREIRO CONTOULLES MOITAS COUSAS SOBRE AS BANDAS DESEÑADAS, FÍXOLLES DESEÑOS, CONTESTOU ÁS INNUMERABLES PREGUNTAS E...
ASINOU UN MONTE DE LIBROS!
AO REMATE, MESMO ASINOU NO NOSO LIBRO DE HONRA DA BIBLIOTECA.

11 dic 2014

7 dic 2014

CHEGA O APALPADOR DENDE A BIBLIOTECA

ANTES DE QUE APARECESE PAPA NOEL POR GALIZA, XA VIVÍA AQUÍ UN PERSONAXE QUE AGASALLABA ÁS NENAS E AOS NENOS...
ERA O PANDIGUEIRO OU O APALPADOR.
NESTES DÍAS ANDAMOS NO COLEXIO A INVESTIGAR SOBRE ESTE PERSONAXE.
TEMOS UNHA GUÍA DE INVESTIGACIÓN CON ENLACES E RECURSOS.


ADEMAIS TEMOS UN CONTO DE XOÁN G. QUE É MOI BONITO

E CANTIGAS...

E ADEMAIS HABERÁ DOCUMENTOS PARA INVESTIGAR NA BIBLIOTECA.

5 dic 2014

UN ENIGMA PON TÍTULO Á EXPOSICIÓN DA ENTRADA NO COLEXIO

NESTES DÍAS LAMPI COLOCOU UNHA EXPOSICIÓN SOBRE LIBROS DE LITERATURA RELACIONADOS COAS MATEMÁTICAS.
HAI MOOOOOITOS TÍTULOS E AO LONGO DO MES HABERÁ MOITOS MÁIS.
O CASO É QUE O TÍTULO DA EXPOSICIÓN É UN ENIGMA QUE TEMOS QUE TENTAR RESOLVER E MANDAR AS SOLUCIÓNS A UNHA CAIXA DE SUXESTIÓNS NA BIBLIOTECA...
AXUDÁDESNOS?


4 dic 2014

SEGUIMENTO DUNHA NOTICIA

O ALUMNADO DO COLEXIO ESTÁ SEGUINDO A NOTICIA DO PHILAE E A SÚA ATERRAXE NO COMETA.
AGARDAMOS CON IMPACIENCIA QUE SE POÑA DE NOVO EN MARCHA COAS BATERÍAS CARGADAS...
O ALUMNADO DE 5º, PUXO NUN MURAL O TINERARIO DA NOTICIA.

30 nov 2014

A BIBLIOTECA ACOLLE UNHA CHEA DE PALABRAS INVENTADAS POLO ALUMNADO

O ALUMNADO ACEPTOU O RETO DE MAFALDA E INVENTOU MOOOOITAS PALABRAS NOVAS PARA CELEBRAR O DÍA DA PALABRA.
NA BIBLIOTECA ESTÁN XA COLOCADAS
MIRADE ALGUNHAS DELAS

SE QUEREDES VELAS VISITÁDENOS

20 nov 2014

DÍA DA PALABRA: 23 DE NOVEMBRO

MAFALDA ANDA ALGO ENCABUXADA...
A PESAR DE QUE ENTRARON 5000 NOVAS PALABRAS NO DICIONARIO ELA INDA BOTA DE MENOS UNHA CHEA DELAS.
ASÍ QUE LLE ESCRIBÍU AO ALUMNADO UNHA POSTAL COA FINALIDADE DE QUE LLE AXUDEN A INVENTAR AS PALABRAS NOVAS QUE BOTA EN FALTA E LLAS LEVEN Á BIBLIOTECA PARA CELEBRAR O DÍA DA PALABRA


15 nov 2014

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN NA BIBLIOTECA

ESTE PASADO VENRES DÍA 7 ALUMANDO DE INFANTIL ESTIVO NA BIBLIOTECA DO COLE PARA ESCOITAR UNHA HISTORIA DE PANCHITO E...
 MIRAR AO MESMO TEMPO COMO O ILUSTRADOR FACÍA O DEBUXO.
DESPOIS DEBUXARON E ILUSTRARON


30 oct 2014

REMATA O MES CUN POEMA NAS CLASES

LAMPI LEVOU ÁS CLASES UN POEMA.
UN POEMA DEDICADO AO MES DE OUTUBRO.
É UN POEMA DE ANTONIO RUBIO TITULADO: "OUTUBRO"

En outubro, o vento
compón alalás
e orquestras aéreas
marcan o compás.

Cabalgan os músicos
aves musicais
ao trote de danzas
roldas e espirais.

O vento mareiro
interpreta un valse:
as follas de outono
despídense e vanse.


E COMEZARÁ O SEGUINTE CON OUTRO POEMA REMITIDO DENDE A BIBLIOTECA...




21 oct 2014

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

LAMPI ESTÁ FELIZ.
VAI ESTAR DE CELEBRACIÓN DENTRO DE POUCO.
O 24 É O DÍA DA BIBLIOTECA E PARA UNHA OCASIÓN TAN ESPECIAL CONVIDOU A UN PERSONAXE QUE LLE GUSTA MOITO.
É UNHA NENA E CHÁMASE MAFALDA.
MAFALDA APARECE EN TIRAS CÓMICAS E ESTE ANO CÚMPRESE O 50 ANIVERSARIO DA APARICIÓN DA SÚA PRIMEIRA TIRA CÓMICA.
ADEMAIS AO SEU AUTOR, QUINO, DÉRONLLE O PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE COMUNICACIÓN.


NAS CLASES APARECERON TIRAS CÓMICAS DE MAFALDA PARA LER E UN CONVITE PARA IR Á BIBLIOTECA.
TEMOS UNHA PRESENTACIÓN PARA TRABALLAR CON MAFALDA, XA VOS CONTAREMOS...

17 oct 2014

LAMPI FIXO UNHA ESCOLMA DE LIBROS SOBRE MAGOSTO E SAMAÍN

LAMPI FIXO UNHA ESCOLMA DE LIBROS SOBRE MAGOSTO E SAMAÍN E XA OS TEN LISTOS NA BIBLIOTECA PARA EMPRESTAR NAS AULAS.
COLOCOUNO MOI PRETO DOS LIBROS SOBRE CIENCIA-FICCIÓN.


10 oct 2014

O MAGOSTO NA BIBLIOTECA

XUSTO FRONTE Á BIBLIOTECA COLOCOUSE ANTÍO NA SÚA ÁRBORE.

CHEGOU AO COLEXIO PARA FACERNOS PENSAR NO MAGOSTO, NAS CANTIGAS DA ÉPOCA, NOS XOGOS,...
NESTE ANO DE CIENCIA FICCIÓN ATOPOUSE CUN PROBLEMA: DONA CASTAÑA FUXÍU AO ESPAZO. CO QUE LLE GUSTAN A EL AS CASTAÑAS!
DEIXARÁ UNHA CARTA NAS CLASES PARA QUE LLE AXUDEN A ATOPAR A DONA CASTAÑA E ELABOREN TEXTOS DIFERENTES: ESQUEMAS BIOGRÁFICOS, CÓMICS, MENÚS IR AO ESPAZO, TARXETAS, CADERNOS DE BITÁCORA... LOGRARÁ ATOPALA PARA CANDO ASEMOS AS CASTAÑAS NO PATIO?


NA BIBLIOTECA IRÁN APARECENDO ESCOLMAS DE LIBROS SOBRE A ÉPOCA. NON DEIXEDES DE VISITALA.
AQUÍ TENDES LECTURAS RELACIONADAS CO MAGOSTO: - A CASTAÑEIRA
- A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

2 oct 2014

A BIBLIO DE LAMPI XA ESTÁ EN PLENO FUNCIONAMENTO

COLLEDE OS VOSOS CARNÉS E...
A BUSCAR LIBROS NA BIBLIOTECA!
HAI MOITAS NOVIDADES E TAMÉN LIBROS ESPECIAIS SOBRE OS PROXECTOS QUE ESTADES A TRABALLAR.
NON COPIEDES A ESTE CATIVO...

25 sept 2014

LAMPI ESTÁ LISTO PARA AXUDAR E PROPOR

NESTA SEMANA LAMPI MANDARÁ UNHA CARTIÑA ÁS AULAS PARA DEIXAR PROPOSTAS DE LECTURA E PARA CONVIDAR AO NOVO ALUMNADO A VISITAR A BIBLIOTECA DO CENTRO.
A MASCOTA DA BIBLIOTECA
FARÁ PROPOSTAS  SOBRE O CÓMIC PORQUE MOITAS AULAS DE PRIMARIA TRABALLAN CON ESE TIPO DE TEXTO, PERO TAMÉN REMITIRÁ MATERIAIS DA BIBLIOTECA PARA AXUDAR NOS PROXECTOS, HABERÁ LIBROS SOBRE DINOSAUROS, SOBRE UNIVERSO, SOBRE MASCOTAS,...
AH! E PARA PRIMEIRO UNHA ACHEGA DE HISTORIAS PROTAGONIZADAS POLOS BOLECHAS... 1ºA e B COMEZARON O SEU PROXECTO GUIADOS POR ESTES PERSONAXES...

2 sept 2014

LAMPI E A SÚA VIAXE CON XULIO VERNE

OLA!
COMEZAMOS UN NOVO CURSO.
UN CURSO CHEO DE CIENCIA-FICCIÓN.
EU, LAMPI, SON UN LECTOR AFECCIONADO Á OBRA DE XULIO VERNE...
COÑECÉDELO?
Jules Gabriel Verne NACEU O 8 DE FEBREIRO DE 1828. É CONSIDERADO O PAI DA CIENCIA-FICCIÓN, INDA QUE EL NUNCA QUIXO FACER CIENCIA FICCIÓN, SÓ QUERÍA ACHEGAR A CIENCIA ENTRE A XUVENTUDE. TEN VARIAS OBRAS MOI INTERESANTES, PODEDES BUSCALAS NA BIBLIOTECA...

AÍ VAI UN ANACO DO SEU LIBRO "VIAXE AO CENTRO DA TERRA"

22 jun 2014

AS NOSAS SUXESTIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

COMO XA INICIAMOS AS VACACIÓNS DE VERÁN QUEREMOS SUXERIRVOS LECTURAS DIVERSAS: EN FORMATO LIBRO E EN FORMATO DIXITAL

BO VERÁN E FELIZ LECTURA!!

30 may 2014

EXPOSICIÓN DO INVESTIGADO SOBRE AS ACHEGAS DAS MULLERES AO LONGO DA HSTORIA

AS INVESTIGACIÓNS SOBRE AS ACHEGAS DALGUNHAS MULLERES NA HISTORIA REALIZADA POR TODAS AS AULAS DO COLEXIO REMATARON.
O ALUMNADO ELABOROU CARTEIS RESUMÍNDOAS E PÚXOSE UNHA EXPOSICIÓN.
 A EXPOSICIÓN PODE VISITARSE E HAI UN FOLLETO PARA RECOLLER DATOS

26 may 2014

23 may 2014

NOVOS PROXECTOS E ACHEGAS DE LIBROS DA BIBLIOTECA POLAS MASCOTAS

NESTAS SEMANAS NACEN PROXECTOS NAS DIFERENTES AULAS...
- SOBRE CORES
- SOBRE FLORES

- SOBRE INSECTOS
Cartoon Insects Collection
- SOBRE PREHISTORIA

AS MASCOTAS DAS AULAS ESTIVERON NA BIBLIOTECA E DEIXÁRONLLES LIBROS VARIADOS PARA QUE BUSQUEN INFORMACIÓN.
ADEMAIS ACHEGARON INFORMACIÓN SOBRE RELEVO, CLIMA,... E ATLAS DIVERSOS.

15 may 2014

EXPOSICIÓN DE LIBROS E RECENSIÓNS

XA COMEZA A ESTAR COLOCADA A EXPOSICIÓN DE "LIBROS E AS SÚAS RECENSIÓNS", COAS RECENSIÓNS ELABORADAS NAS AULAS DURANTE A SEMANA DO LIBRO.

AS RECENSIÓNS FORON ELABORADAS SOBRE LIBROS QUE LLES REMITÍU LAMPI E QUE DESPOIS DE LER QUEREN SUXERIRVOS A SÚA LECTURA.

13 may 2014

CAMPAÑA DE RECITADOS NO CENTRO

DENTRO DA CAMPAÑA "RECITANDO POEMAS PARA OUTRAS CLASES", ONTE (12 DE MAIO) INFANTIL TIVO UNHA SESIÓN DE RECITADO NO PATIO, UNHAS CLASES OFRECERON ÁS OUTRAS UN POEMA DE AUTORÍA COÑECIDA. FOI UN RECITAL MAGNÍFICO.
PRIMARIA XA COMEZOU A TRABALLAR SOBRE OS POEMAS E REALIZARÁ OS RECITADOS INTERAULAS A PARTIR DO 19 DE MAIO
INFANTIL DE CATRO ANOS RECITOU:
"OSO MIMOSO" DE BERNARDINO GRAÑA E "VENTOS" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.

OS RECITADOS DE 3 ANOS E 5 ANOS FORON: "O LAGARTO" E "O ELEFANTE"DE GLORIA SÁNCHEZ, "O VENTO DE ANTÓN" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, "A BELA DURMINTE" DE DORA VÁZQUEZ

11 may 2014

VISITA DE MARCOS CALVEIRO

DESPOIS DE LER AO LONGO DO TRIMESTRE PASADO E PARTE DESTE O LIBRO "O CARTEIRO DE BAGDAG", NESTA SEMANA PASADA 5º RECIBIU NA BIBLIOTECA A VISITA DO SEU AUTOR.

FOI UNHA XUNTANZA ENTRAÑABLE E MOI INTERESANTE PARA COÑECER MÁIS COUSAS DO LIBRO.



9 may 2014

6 may 2014

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN NA BIBLIOTECA PARA INFANTIL

HOXE NA BIBLIOTECA, EDUCACIÓN INFANTIL TIVO UN OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN SUBVENCIONADO POLO CONCELLO DE PONTEVEDRA.
UN ILUSTRADOR E UN CONTACONTOS LEVARON O OBRADOIRO.
VELAQUÍ ALGUNHAS FOTOS PARA QUE VEXADES ALGO DA SESIÓN:


4 may 2014

E NESTA QUINCENA DE MAIO... XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO E A POESÍA

NESTAS SEMANAS O AUTOR HOMENAXEADO POLAS LETRAS GALEGAS PROTAGONIZARÁ AS ACTIVIDADES DO CENTRO:

  • TRABALLARASE SOBRE A SÚA BIOGRAFÍA INVESTIGÁNDOA A TRAVÉS DE PREGUNTAS QUE CHEGARÁN ÁS CLASES.
  • COÑECERANSE ALGÚNS DOS SEUS POEMAS E REALIZARANSE ACTIVIDADES VARIADAS SOBRE ELES
  • ELABORARANSE POEMAS PARA O CERTAME ANUAL DE POESÍA DO CENTRO.


22 abr 2014

VARIOS DÍAS DEDICADOS Á PRENSA E AO LIBRO

A MASCOTA DA BIBLIOTECA CELEBRA O Dia do LIBRO CUN "AGASALLO" PARA CADA CLASE:
UN LIBRO SOBRE O LIBRO, UNA BIBLIOTECA, UNA PALABRA OU A LECTOESCRITURA.


COMO CLASES VAN LELO DE xeito COMPARTIDO. VAN DEBATER SOBRE EL, VAN FALAR DO QUE LLES GUSTA E DO QUE NO ...

COMO NENAS E OS nenos INVESTIGARÁN QUE SON recensiones E ONDE APARECEN ESTAS NA PRENSA E NAS REVISTAS.
DESPOIS CON AGASALLARÁN A LAMPI RECENSIONES SOBRE OS LIBROS 
PARA QUE UN SUPLEMENTO CULTURAL FAGA.

FELIZ DÍA DO LIBRO!

AS CLASES RECIBEN UN AGASALLO FERMOSO PARA CELEBRAR ESTE DÍA A TRAVÉS DOS SEUS BLOGS DE NIVEL.

19 abr 2014

A GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ



A LITERATURA PERDEU UNHA DAS SÚAS MÁIS INSIGNES FIGURAS... MAIS DÉIXANOS AS SÚAS OBRAS.
 IMOS LER NA SÚA HONRA ESTA AVENTURA FABULOSA.
 TOTÓ E JOEL PIDEN UN AGASALLO INSÓLITO Á NAI E AO PAI: UN BOTE DE REMOS. PARA QUE QUERERÁN UN BOTE UNS NENOS QUE VIVEN NO QUINTO ANDAR DUN EDIFICIO EN MADRID?

 PARA AVERIGUALO TENDES QUE LER O LIBRO, OU CLICAR NESTA IMAXE PARA ESCOITAR QUE SUCEDE NO RELATO.


9 abr 2014

HOXE RAFAEL LASO NA BIBLIOTECA CON 4º

UNHA VIDA DE RÁ de Rafael Laso Lorenzo foi hoxe protagonista da biblioteca.


As nenas e os nenos quedaron encantadas e encantados.
Rafael tivo moita paciencia e cariño para dedicar todos os libros do alumnado con debuxo e dedicatoria ...
Decatouse de que unha alumna esquecera levar o libro e regaloulle un que traía e dedicoullo tamén.
Un día inesquecible para todas e todos.
Poñeremos fotos, mentres tanto podedes consultar a páxina do autor.

7 abr 2014

HOXE PAULA CARBALLEIRA VISITA A BIBLIOTECA

AS NENAS E OS NENOS DE 3º LERON O LIBRO "CASAS" DE PAULA CARBALLEIRA.

HOXE A AUTORA VÉN COMENTAR CON ELAS E CON ELES O SEU LIBRO, O SEU TRABALLO, A SÚA BIBLIOGRAFÍA.
TODO 3º ESTÁ EXPECTANTE ANTE A VISITA!

5 abr 2014

RECITADO DE POESÍA GALEGA

DENDE O EDL XURDÍU UNHA PROPOSTA PARA TODO O CENTRO: RECITADO DE POESÍAS DUNHAS AULAS PARA AS OUTRAS.
DA MAN DE VILAVERDIÑO AS CLASES INICIAN A LECTURA, MEMORIZACIÓN E RECITADO DAS POESÍAS CON E SEN AXUDAN VISUAIS, AUDITIVAS, MOTRICES,...

31 mar 2014

SEGUEN AS LECTURAS NO RECREO: MÉRCORES DE CONTO

DURANTE OS RECREOS A BIBLIOTECA OFERTA LECTURAS DE LIBROS, LECTURAS PROTAGONIZADAS POR ALUMNADO E POR PROFESORADO.
A ASISTENCIA É LIBRE... MAIS O LÍMITE É  O AFORO.
MIRADE UNHAS FOTOS COA LECTURA DE "LA FEA DURMIENTE"



26 mar 2014

NESTES DÍAS FOMOS DE VISITA AO SALÓN DO LIBRO

2º, INFANTIL DE 5 ANOS E 4º FORON AO SALÓN DO LIBRO NESTES DÍAS.
ALÍ ESTABA EXPOSTO O NOSO TRABALLO SOBRE OS CONTOS, LEMBRADES? AQUEL QUE VOS COMENTAMOS ENTRADAS MÁIS ABAIXO.
DESA VISITA AO SALÓN TEMOS ALGUNHAS FOTOS...

21 mar 2014

21 DE MARZO: DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

PARA CELEBRAR O DÍA, NAS CLASES TRABALLAREMOS CON POESÍA E ÁRBORE.
 TEMOS POEMAS VARIADOS PARA RECITAR, ALGÚNS RELACIONADOS CO PROXECTO QUE REALIZAMOS E A ÁRBORE, OUTROS RELACIONADOS COA ÁRBORE MÁIS FAMOSA DE PONTEVEDRA...
ALGÚNS DE AUTORÍA COÑECIDA, OUTROS ANÓNIMOS.

DESPOIS FAREMOS UN CALIGRAMA ÁRBORE EN EQUIPOS COOPERATIVOS E AMOSAREMOS OS RESULTADOS COLOCANDO ÁRBORES POLO CORREDOR.
VELAQUÍ A NOSA PRESENTACIÓN COS POEMAS:

ADEMAIS FAREMOS COMO FREDERICK, RECOLLEREMOS PALABRAS FERMOSAS PARA...



19 mar 2014

COMEZARÁ A PRIMAVERA

HOXE, NAS AULAS DO CENTRO LESE O LIBRO "O ÚLTIMO DÍA DO INVERNO" TRADUCIÓN DO LIBRO DE ADRIÁ GÒDIA, PUBLICADO POR EVEREST.
APROVEITAMOS QUE É O ÚLTIMO DÍA DO INVERNO E FACEMOS UNHA FERMOSA LECTURA.


11 mar 2014

NOVA LECTURA CHEGA ÁS AULAS

NAS AULAS ESTÁ CHEGANDO A HISTORIA DE ROSA... RECOLLIDA NESTE LIBRO

A HISTORIA CHEGARÁ EN FRAGMENTOS E POUCO A POUCO IRÁ MEDRANDO.
OGALLÁ QUE VOS GUSTE

6 mar 2014

8 DE MARZO

CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA, NAS AULAS IMOS REFLEXIONAR SOBRE AS MULLERES E AS PROFESIÓNS.
ADEMAIS LEREMOS HISTORIAS EN DIVERSOS SOPORTES RELACIONADAS COA MULLER E A IGUALDADE (AQUÍ VOS OFERTAMOS ALGUNHAS CON ENLACES)

UNHA FELIZ CATÁSTROFE
ROSA CARAMELO
O PRÍNCIPE CINCENTO
ARTUR E CLEMENTINA
A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES
A FAMILIA DOS PORCOS
A HISTORIA DOS BONOBOS CON GAFAS
UN SOÑO IMPOSIBLE
 PRESENTACIÓN BREVE DO CONTO
, ADEMAIS DE PROPOR MODELOS E VISIBILIZAR AS ACCIÓNS DAS MULLERES AO LONGO DA HISTORIA.
UNHAS BIOGRAFÍAS DARANNOS O PUNTO DE INICIO Á TAREFA:




INVESTIGAREMOS NAS CLASES SOBRE AS MULLERES EN DIVERSOS EIDOS: NA CIENCIA, NA TECNOLOXÍA, NA ARTE, NA POLÍTICA,...

24 feb 2014

BREVE LEMBRANZA A ROSALÍA DE CASTRO

NAS AULAS O ALUMNADO RECIBÍU UNHA MENSAXE DAS MASCOTAS LEMBRÁNDOLLE O DÍA DE ROSALÍA.
ADEMAIS RECIBIRON NOVAS E UNHA POESÍA DA ESCRITORA.
ALGÚN RECURSO MÁIS FOI RECOLLIDO NO BLOG DE MASCOTILANDIA.

ANIMACIÓN PARA 1º POR PARTE DE RAQUEL QUEIZÁS

O ALUMNADO DE 1º RECIBÍU NA BIBLIOTECA A VISITA DA ACTRIZ E CONTACONTOS RAQUEL QUEIZÁS O VENRES 21 DE FEBREIRO.
PRIMEIRO FIXO A ANIMACIÓN DO CONTO "Mis amigos los piratas", UN LIBRO QUE LEMOS E QUE NOS ENCANTOU.
DESPOIS FIXO DÚAS ANIMACIÓNS MÁIS DOUTROS CONTOS.
O ALUMNADO REGALOULLE DEBUXOS QUE FIXERA.
RAQUEL FIXO PASAR AO ALUMNADO UNHA SESIÓN DELICIOSA DEMOSTRANDO QUE, COMO ELA DI QUE que " a imaxinación é moi poderosa".
 

18 feb 2014

LORETO E OS SEUS PETOS

LORETO ESTIVO VISITANDO AS AULAS DO COLEXIO TODOS ESTES DÍAS. AGORA LORETO LEVA NOS SEUS PETOS O ENTROIDO E DESPÍDESE DO ALUMNADO PORQUE XA VIAXA CARA Á BIBLIOTECA
 

15 feb 2014

COCIÑAR CONTOS É DIVERTIDO... O ALUMNADO FAI ENSALADAS DE CONTOS

O ALUMNADO FAI ENSALADAS DE CONTOS... HAI ENSALADAS ORAIS E ESCRITAS, ENSALADAS A PARTIR DE BARALLAS, ENSALADAS USANDO TABOLEIROS LÓXICOS,...

E TAMÉN TOMA CONTACTO CON VERSIÓN DE CONTOS CLÁSICOS E MESMO MODIFICACIÓNS...


11 feb 2014

ACTIVIDADE LECTOESCRITORA NA BIBLIOTECA: O CARTAFOL DO LÉREZ

ESTES DÍAS NA BIBLIOTECA ESTASE A DESENVOLVER UNHA ACTIVIDADE CO ALUMNADO DE 5º.
A ACTIVIDADE ESTÁ RELACIONADA COA LECTOESCRITURA DE POESÍA.
TEMOS FOTOS...

3 feb 2014

LAMPI AXUDA A COCIÑAR CON CONTOS

NESTES DÍAS LAMPI CONVIDOU AO ALUMNADO A VISITAR A SÚA NOVA EXPOSICIÓN DE LIBROS RELACIONADOS CON "COCIÑANDO CONTOS E COMENDO NOS CONTOS"
OS LIBROS ESTÁN COLOCADOS NO RECANTO DA ALFOMBRA.


E O MÉRCORES... UNHA SORPRESA NA BIBLIOTECA!

OS MÉRCORES TEREMOS LECTURA NA BIBLIOTECA. SERÁ EN HORARIO DE RECREO...
A LECTURA DESTA PRIMEIRA SESIÓN SERÁ...


NON FALTEDES! AS FOTOS DESA 1ª SESIÓN


2 feb 2014

VISÍTANOS RICARDO GÓMEZ

O AUTOR DE "EL PERRO QUE BUSCABA ESTRELLAS" Y "EL HERMANO SECRETO DE CAPERUCITA ERRE" VISITOU HOXE O COLEXIO E TIVO UNHA CONVERSA CO ALUMNADO DE 2º E 6º QUE LERON E/OU ESTÁN A LER OS SEUS LIBROS.
FOI UNHA XUNTANZA ENTRAÑABLE. CHEA DE PREGUNTAS E CURIOSIDADES.


30 ene 2014

E AGORA... A COCIÑAR CONTOS!

OS CONTOS CLÁSICOS VAN ENTRAR NAS AULAS...
IMOS COÑECELOS, TRABALLAR COS PROTAGONISTAS...
IMOS VER QUE COMIDAS APARECEN NOS CONTOS...
E...
IMOS COCIÑAR UNHA ENSALADA DE CONTOS!
ANTES TRABALLAREMOS SOBRE OS PERSONAXES E RECOÑECEREMOS TÍTULOS E ARGUMENTOS, FAREMOS LIÑAS ARGUMENTAIS,...

PLAN LECTOR E LIBROS DO TRIMESTRE

NESTE TRIMESTRE O ALUMNADO DAS DIFERENTES CLASES ESTÁ LENDO LIBROS DE LITERATURA INFANTIL DE DIVERSA AUTORÍA. ALGÚN XA FORAN INICIADOS NO TRIMESTRE ANTERIOR, PERO OUTROS SON NOVIÑOS...
AUTORAS E AUTORES VAN VIR POLO CENTRO DEPARTIR CO ALUMNADO DOS SEUS LIBROS, DE COMO ESCRIBEN, COMO SE LLES OCORREN AS IDEAS,...
ALGÚNS LIBROS DESES QUE COMENTAMOS SON:



OS PROXECTOS QUE SE ESTÁN A TRABALLAR NO CENTRO NESTE TRIMESTRE

NESTE TRIMESTRE VARIOS PROXECTOS INICIARON A SÚA ANDAINA POR DIFERENTES CLASES:
- CORPO HUMANO
- UNIVERSO

- ALIMENTACIÓN
- IDADES DA TERRA
- ANIMAIS E PLANTAS
- CONTOS E COCIÑA
- ASIA

ADEMAIS, E DENTRO DO PROGRAMA "AFECTIVO-SEXUAL" O ALUMNADO DE 6º ESTÁ A TRABALLAR SOBRE ASPECTOS RELACIONADOS COA SEXUALIDADE.
LEVAN Á CASA UNHA CHEA DE LIBROS PARA LER COA FAMILIA, DESPOIS DE QUE MANIFESTASEN AS SÚAS DÚBIDAS E CURIOSIDADES POLO TEMA. CONTESTARÁN OS LIBROS O QUE QUEREN SABER?

29 ene 2014

LAMPI AXUDA A INFANTIL DE TRES CO SEU PROXECTO

LAMPI REMITÍU A INFANTIL DE TRES ANOS UNHA CARTIÑA.
INDICOULLES QUE TIÑA LIBROS PARA O SEU PROXECTO SOBRE O CORPO HUMANO.
O ALUMNADO VEU BUSCALOS E ESCOLLER OS QUE LEVARÍAN Á SÚA AULA.

15 ene 2014

OS PETOS DE LORETO ENTRAN NO COLEXIO

NAS CLASES APARECEU UN NOVO PERSONAXE: LORETO.
OS SEUS PETOS CHEOS DE COUSAS MOTIVAN AO ALUMNADO Á LECTURA.
CADA DÍA LEMOS QUE TEN NOS PETOS E HIPOTETIZAMOS SOBRE QUE MÁIS TERÁ.
ESCRIBIMOS
ESQUEMATIZAMOS
CATEGORIZAMOS
...

LORETO ESTÁ A DAR MOITO XOGO PARA A LECTOESCRITURA E MESMO TROUXO HISTORIAS NOS SEUS PETOS: HISTORIAS PARA LOITAR CONTRA O ACOSO E CONTOS CLÁSICOS

VILAVERDE CONTRA O MALTRATO

Días moi intensos no noso colexio. Dende a biblioteca organizamos unha serie de actividades con motivo da reivindicación do 25 de novembro, ...