30 nov 2024

VILAVERDE CONTRA O MALTRATO

Días moi intensos no noso colexio.

Dende a biblioteca organizamos unha serie de actividades con motivo da reivindicación do 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero,
Por un lado nas aulas levamos a cabo unha actividade que se chamou "Desmontando a Disney" e tratábase de visualizar por niveis pequenos trozos da película de Disney que lles tocou para detectar actitudes contrarias á igualdade entre homes e mulleres.
E resultou que Cenicienta non quería limpar a casa ela soa, Mulán quería escoller con quen casarse, a Sirenita non quería renunciar á súa voz... e un montón de cousas máis.
Para reflexar a nosa decepción coas mensaxes destas películas elaboramos o noso propio carrete de película reivindicando a nosa opinión ao respecto. E fixemos unha fermosa exposición na biblioteca para deixala ben bonita. 
Ademais diso deixamos as nosas mensaxes onde deixamos claro que as mulleres poden ser todo o que elas se propoñan e que ninguén ten dereito a mandar sobre elas. 
Tamén nos anudamos un lazo morado nos nosos pulsos.
Levamos a cabo lecturas como "Rosa caramelo" ou "Pepuka" entre outras, onde descubrimos e debatimos sobre as inxustizas que moitas nenas teñen que sufrir mesmo dende o momento de nacer. Xa que se lles pide que sexan fermosas, princesas, perfectas.... vaia rollo!

E unha actividade que nos encantou e á que asistiron moitísimos nenos e nenas foi o pintado de uñas violetas durante o recreo. Foi moi bonito ver que moitos nenos deixaron atrás os seus prexuizos e pintaron as uñas, xa que pintarse as uñas non só é de nenas. 




Durante o recreo, na biblioteca tamén levamos a cabo un taller de pócimas máxicas contra o maltrato, e sairon verdadeiras marabillas. 


E por último queremos dar as grazas á nosa ANPA, que nos preparou esta preciosidade feita con globos violetas para cando chegáramos o luns ás aulas atopáramos o cole así de fermoso.


Tamén prepararon unha actividade moi chula onde as nenas e nenos expresaron o seu rexeitamento á violencia cuns debuxos moi bonitos.

Grazas a toda a nosa Comunidade Educativa por formar parte disto, lembrade que a educación en igualdade é cousa de todas e todos. As nosas nenas merecen ser libres e ser o que elas queiran. 

E se ti que estás lendo isto necesitas axuda, lembra que podes chamar ao 016, e que non queda rastro na factura telefónica. E que na nosa escola estaremos sempre para axudarte. Non estás soa, non cales! 

22 nov 2024

VILAVERDE CONTRA O MALTRATO

Xa podedes atopar na porta da nosa biblioteca o cartel das actividades conmemorando o 25N. 

Luns 25 taller de uñas en morado.
Mércores 27 taller de pócimas máxicas contra o maltrato.
Venres 29 actividade sorpresa.

Ademais o alumnado pasará na súa hora de biblioteca a visualizar o traballo feito nas aulas, e levarán un laciño violeta.


XOGOS DE MESA

 Menuda acollida tivo a xornada de xogos de mesa. 

Unha afluencia na biblioteca que da gusto.

O UNO, o Dobble e outros tantos cos que os nenos divítense ao mesmo tempo que aprender a gañar, a perder, a agardar, a seguir instruccións, a manter a atención... e moitísimos máis beneficios que nos aportan os xogos.

Animámosvos tamén a xogar na casa en familia, risas aseguradas!







MES DE BRUXAS

O Samaín chegou moi forte na nosa biblioteca.
"La bruja piruja" foi o conto elixido para realizar unha dramatización na que os máis pequenos foron os protagonistas. 
Tamén realizaron unha manualidade preciosa de bruxas. 



10 nov 2024

XORNADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Este sábado 9 de novembro, tivo lugar en Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia, un lugar de encontro onde diferentes centros educativos comparten as súas experiencias co fin de mellorar a calidade das Bibliotecas.

Como representación da nosa escola acudiu a Coordinadora de biblioteca para tomar nota de todas as actividades tan chulas e os programas de innovación que parten da biblioteca como a radio escolar ou actividades relacionadas co teatro e as novas tecnoloxías, entre outras ideas xeniais.










7 nov 2024

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA E O ACOSO ESCOLAR

O 7 de novembro é o Día Internacional contra a violencia e o acoso escolar, polo que dende a biblioteca queremos facervos unha recomendación lectora moi interesante.

Trátase do libro "Invisible" de Eloy Moreno, que podedes atopar na letra M na sección verde

Conta a historia dun neno que sufre acoso escolar por parte dun compañeiro, e pouco a pouco vai pasando a ser invisible, pois ninguén se da conta de que existe, ata que ocorre algo terrible un día, que o cambia todo.


Se sufres acoso non cales, avisa aos teus pais, á túa mestra... e se tes medo podes deixar unha nota no punto laranxa que está na entrada do colexio, fronte á biblioteca, ou incluso podes facelo na web do cole, neste enlace


E ti, sé valente, non sexas acosador!

BIBLIO EN PAZ

Con motivo da festividade do Día da paz e da non violencia , como xa é habitual na nosa biblioteca, ofrecemos libros relacionados coa temáti...