23 abr 2024

APADRIÑAMENTO LECTOR

Para celebrar o "Día do Libro" non podíamos facer outra cousa que potenciar un pouquiño a lectura. Neste caso, vemos como varios alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria lles len uns contos aos pequenos e pequenas de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria. 

Como dixo Miguel de Cervantes: "El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho".

22 abr 2024

DÍA DO LIBRO

Mañá, 23 de abril, celébrase o "Día do Libro" e na biblioteca de Lampi temos preparada unha exposición de contos de Miguel de Cervantes. 


Pasade pola biblio e botádelle unha ollada, que seguro que vos resultan interesantes.
FELIZ DÍA DO LIBRO

BUZÓN DE PROPOSTAS LECTORAS

Incorporamos na biblioteca de Lampi un buzón de propostas lectoras para aqueles rapaces e rapazas que queiran suxerirnos algúns libros para ter na biblio. É moi sinxelo: colledes un papeliño, anotades o título, metédelo no buzón e... maxia!! O libro aparecerá con moitas ganas de que alguén o colla para ler. Na imaxe podedes ver a varios alumnos e alumnas de 5º que foron polas aulas explicando o funcionamento do buzón de propostas.

APADRIÑAMENTO LECTOR

Para celebrar o "Día do Libro" non podíamos facer outra cousa que potenciar un pouquiño a lectura. Neste caso, vemos como varios a...