28 oct 2024

CONTANDO CONTOS POLAS AULAS

 Ademais dos contos no recreo, a mestra Pachú está indo polas aulas estes días a contar contos marabillosos.

Incluso o material de apoio é feito por ela. Unha artista!





SAMAÍN

 Xa chegou o Samaín e con el unha chea de terroríficas historias de medo que podedes atopar na nosa columna temática da biblioteca. 

A que estades agardando para vir? 

Pero coidado, hai seres que dan moito medo agochados tras os libros. 














23 oct 2024

OBRADOIRO DE FOLLAS


Pero que cousas tan chulas nos trae a profe Susi nos recreos de biblioteca! Nesta ocasión ca axuda tamén da profe Susana. 

Hoxe tocou un marabilloso obradoiro de follas. Mirade que fermosas lles quedaron.

Que viva o outono!







21 oct 2024

KOHA

 Sabedes que programa usamos para emprestar os libros aos máis cativos do cole?

Pois é un programa que se chama KOHA e que substitúe ao antigo Meiga. 

Ademais de usar as mestras e mestres para o empréstito semanal á nosa aula, tamén o empregan as nenas e nenos axudantes de biblioteca no tempo de recreo.

Aquí os podedes ver en acción! Moito traballan estes rapaces!





16 oct 2024

CONTACONTOS NO RECREO

 Hoxe tivemos a gran sorte de que a mestra Susi nos trouxo un contacontos para a hora do recreo.

Nada máis e nada menos que o libro "A figueira de pelostortos".  Un libro que podedes atopar na sección amarela, onde hai contos tan chulos coma este. 


Ademais de contar o conto, as nenas e os nenos asistentes realizaron unha dramatización, dando boa conta do que lles gustou o libro. 




Deixámosvos aquí un vídeo do libro por se vos gusta e vos animades a levalo para casa para lerllo ás vosas familias.






4 oct 2024

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

     Este ano contamos cunha gran axuda no tempo de recreo. As nenas e nenos de 5º e 6º veñen botarnos unha man para que a nosa biblioteca estea actualizada e ben ordenada.

    E gustoulles tanto que ata veñen polas tardes a seguir traballando arreo para que todo marche sobre rodas. Aquí tedes a dúas voluntarias de 5º poñendo tejuelos e gomets para que os libros estean listos para colocalos nos andeis.

    Grazas rapazas e rapaces porque estades traballando moito e moi ben, sodes marabillosos!



   

 

RECUNCHOS IMPORTANTES

 Ola lectoras e lectores. Sabedes onde atopar as novidades da nosa biblioteca?

Libros noviños saídos do forno. 

Pois xusto ao entrar na biblioteca a man dereita, ao lado dos libros de emocións e dos cómics. Podes atopalos nun estante que ten un carteliño que pon "Novidades".

Ademais lembramos que temos un buzón de suxerencias por se queres que merquemos algún libro interesante que non temos no noso catálogo.

Un saúdo! Lémonos!



BIBLIO EN PAZ

Con motivo da festividade do Día da paz e da non violencia , como xa é habitual na nosa biblioteca, ofrecemos libros relacionados coa temáti...