XA ESTÁ PREPARADA A BIBLIOTECA
E TAMÉN A EXPOSICIÓN DE LIBROS DE CONTOS DE MEDO
E HOXE COMEZOUSE A SESIÓN DE CONTACONTOS
HABERÁ MÁIS SESIÓNS DAS QUE VOS POÑEREMOS FOTOS AQUÍ
O XOVES HOUBO DOBRE FUNCIÓN: 1º O ALUMNADO DE 6º QUE REPRESENTOU UN CONTO DE PANTASMAS E CABALEIRO FANFARRÓN
E 2º UN ALUMNO DE 2º QUE LEU O SEU CONTO
A SESIÓN DO VENRES
Este é o blog da Biblioteca do CEIP Vilaverde. Lampi, a mascota da biblioteca agárdate! Ven!
19 oct 2015
18 oct 2015
E CO MAGOSTO CHEGA O SAMAÍN E ... OS CONTOS DE MEDO!
NA BIBLIOTECA IMOS ESCOITAR NARRAR CONTOS DE MEDO.
NAS CLASES RECIBIMOS UNHA CARTA DE LAMPI ANUNCIÁNDONOS O EVENTO QUE TERÁ LUGAR NA SEMANA VINDEIRA.
ADEMAIS DESES CONTOS PODEREDES ACCEDER A ESTES OUTROS.
QUE VOS DIVIRTADES TERRORÍFICAMENTE!
NAS CLASES RECIBIMOS UNHA CARTA DE LAMPI ANUNCIÁNDONOS O EVENTO QUE TERÁ LUGAR NA SEMANA VINDEIRA.
ADEMAIS DESES CONTOS PODEREDES ACCEDER A ESTES OUTROS.
QUE VOS DIVIRTADES TERRORÍFICAMENTE!
9 oct 2015
ANTÍO DEIXOUNOS ESTE CONTO PARA LER
ANTÍO, A MASCOTA DO MAGOSTO, DEIXOUNOS UN CONTO PARA FALAR DO OUTONO E AS SÚAS CORES.
PINTAR SEN PINCEIS
Unha vez había un neno chamado Pepiño.
Un día a nai de Pepiño preguntoulle:
- Pepiño, de que color che gustaría pintar o teu cuarto?
- Non sei, teño que pensalo...
- Pois pensa rápido que pronto virá o inverno e despois non seca ben a pintura.
Pepiño saíu ao xardín, sentouse debaixo dunha árbore e púxose a pensar...
- Se o pintamos de vermello, quedaría un chisco rechamante... Se o pinta...
De súpeto caeulle unha folla enriba do nariz...
- Amarela! Como me gusta esta cor!
- Ssssss!
- Escoitou que lle dicían
- Quen é?
- Son a señora do tempo e teño moito traballo coas cores de outono, se fas barullo atrapállasme, non me dou concentrado
- Xa... E que fas para precisar tanta concentración?
- Teño que seguir pintando as follas da árbore.
- Pero vostede non leva pincel. Con que vai pintar?
- Eu pinto sen pinceis.
- Ah! Pinta co dedo?
- Non eu pinto co que levo nesta bolsa.
Pepiño pensaba : que haberá nesa bolsa? ¿que haberá?... A señora do tempo abriu un chisquiño da bolsa e saíu un fffffffffffffffffffffff!
- Vento frío fai que as follas se poñan amarelas, despois sopra nalgunha delas para poñelas... vermellas!
- Ai que frío- dixo Pepiño - e marchou á casa para poñerse un xersei
Cando volveu ao xardín viu que a señora abríu outro recantiño da bolsa e dicía:
- Sol, soliño , agora sae temperadiño e quenta pouquiño as follas para que sequen amodiño
Pepiño viu como as follas das árbores secaban, dobraban, dobraban,...
E o vento sopraba:
- ffffffffff
E as folliñas voaban e voaban e caían ao chan.
E o vento sopraba máis e as follas viraban marróns, laranxas,...
Pepiño entón volveuse cara á señora do tempo e preguntoulle polo seu nome
- Eu son a señora Estación de Outono e coa miña bolsa amáñoo todo.
Un vento fresquiño fixo que caese unha landra no nariz de Pepiño que espertou.
- Mamá! Xa sei como vou pintar o meu cuarto...
- Como?
- Coas cores do outono e non te preocupes, non vas precisar chamar a ninguén para facelo, Xa o farei eu cunha bolsa.
Adaptación do conto "Pintor sen pinceis" de Martha A. Salotti.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
FOI EN 1995 CANDO A UNESCO APROBOU A CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. 1. SABEDES POR QUE O DÍA DO LIBRO É O 23 DE ABRIL? 2....
-
NESTE TRIMESTRE DOUS NOVOS PROXECTOS PRECISAN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA, UN SOBRE OS SERES VIVOS EN 2º E OUTRO SOBRE O CORPO HUMANO EN 1º. ...
-
A TODAS AS MASCOTAS DE MASCOTILANDIA VILAVERDE, LLES GUSTA A POESÍA. É POR ISTO QUE REMITIRON UNHA CARTA ÁS CLASES SINALÁNDOLLES A DATA E O...