28 abr 2016

27 abr 2016

ENCONTROS CON AUTOR NA BIBLIOTECA

O ALUMNADO DE 2º TERÁ UNHA XUNTANZA CO AUTOR DO LIBRO QUE ESTÁN A LER.
AGARDAN CON IMPACIENCIA PODER SAUDALO.
 

21 abr 2016

HOXE COMEZA A LECTURA CONTINUADA DO QUIXOTE NA BIBLIOTECA



AS NENAS E NENOS DE 3º COMEZARON HOXE COA LECTURA CONTINUADA DO QUIXOTE NA BIBLIOTECA, SEGUIRANNOS O ALUMNADO DE 1º,  6º E 2º.


MAÑÁ A LECTURA CORRERÁ A CARGO DE 4º, INFANTIL DE 4 ANOS, 5º, INFANTIL D E3 ANOS E PECHARÁ AS LECTURAS INFANTIL DE 5 ANOS.

20 abr 2016

ASTRONOMÍA NA BIBLIOTECA

HOXE 1º E 2º ASISTIU A UNHA CHARLA SOBRE "O UNIVERSO" A CARGO DE SEVE YÁÑEZ DA ASOCIACIÓN ASTRONÓMICA SIRIO.
A CHARLA TIVO LUGAR NA BIBLIOTECA E SERVIU DE PECHE AOS PROXECTOS SOBRE A TEMÁTICA QUE DESENVOLVÍAN AMBOS NIVEIS.

O XORNAL, UN AGASALLO DE LAMPI

LAMPI SOLICITOU ÁS CLASES DAS E DOS MAIORES QUE REPARTISEN OS XORNAIS DO DÍA CO RESTO DO COLE.
A IDEA É TRABALLAR AS NOVAS QUE APAREZAN NO XORNAL E QUE DESPOIS NA CASA VEXAMOS SE AS NOVAS DA TELE TEÑEN RELACIÓN
TAMÉN LEREMOS OUTRAS NOTICIAS AO LONGO DA SEMANA: NOTICIAS SOBRE CERVANTES E SOBRE AS TEMÁTICAS DOS PROXECTOS DO COLEXIO.
POR SUPOSTO TRABALLAREMOS OS ELEMENTOS DO XORANL, AS PARTES DAS NOTICIAS,...

18 abr 2016

E A CELEBRACIÓN MÁIS GRANDE NA BIBLIOTECA

COMO XA VOS DICIAMOS MOITAS TAREFAS E PROXECTOS NAS AULAS ESTIVERON PROTAGONIZADOS POR CERVANTES E A SÚA OBRA MÁIS COÑECIDA.
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ UN GRAN EVENTO CON MOTIVO DO SÍA DO LIBRO
NENAS E NENOS FARÁN LECTURA CONTINUADA NA BIBLIOTECA DA OBRA MÁIS COÑECIDA DE CERVANTES
TODO ESTÁ LISTO PARA A CELEBRACIÓN.
OS PERSONAXES DO QUIXOTE NA ENTRADA, PRESIDINDO AS ACTIVIDADES

UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS SOBRE O QUIXOTE, CERVANTES E ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS E VERSIÓNS NA BIBLIOTECA DE LAMPI

E CARTACES ANUNCIANDO A LECTURA CONTINUADA DO QUIXOTE NA BIBLIOTECA QUE TERÁ LUGAR OS DÍAS 21 E 22 DE ABRIL.

UNÍDEVOS A NÓS DENDE AS CASAS.

8 abr 2016

VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO

VARIAS CLASES DO CENTRO VISITAN ESTES DÍAS O SALÓN DO LIBRO.
ALÍ, ADEMAIS DE ASISTIR A SESIÓN DE CONTACONTOS, VISITAN A RODOLFO, QUEN LEVARA AS NOSAS FICHAS DE ANIMAIS NO LOMBO.









4 abr 2016

CERVANTES CHEGA ÁS AULAS

NESTE ANO NO QUE SE CUMPRE O 400 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO, CERVANTES TRABALLARASE NAS DIFERENTES AULAS DO COLEXIO.
AS MASCOTAS XA REMITORON CARTAS DENDE MASCOTILANDIA PARA LEMBRARLLO AO ALUMNADO.
PODEREMOS APRENDER SOBRE CERVANTES E A SÚA OBRA, SOBRE TODO SOBRE "O QUIXOTE".
ADEMAIS HAI ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA DESENVOLVER NA BIBLIOTECA AO REDOR DESTE ESCRITOR AO LONGO DO MES.

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚN ENLACE E VARIOS XOGOS (1, 2, 3, 4, 5, 6).
ADEMAIS PODES LER RETAZOS DA SÚA VIDA AQUÍ.
E VER ESTA HISTORIA

VILAVERDE CONTRA O MALTRATO

Días moi intensos no noso colexio. Dende a biblioteca organizamos unha serie de actividades con motivo da reivindicación do 25 de novembro, ...