9 abr 2015

ABRIL COS LIBROS

CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO COMEZAN NO CENTRO MOITAS ACTIVIDADES NOVAS PORQUE NESTE MES ESTAMOS A TRABALLAR AO REDOR DOS LIBROS.
1. UNHA PRIMEIRA ACTIVIDADE...
AS MASCOTAS REMITIRON UNHA CARTA EXPLICANDO AO ALUMNADO COMO FAN EN MASCOTILANDIA PARA COÑECERSE MELLOR A TRAVÉS DOS LIBROS...
AS NENAS E OS NENOS (E TAMÉN AS E OS PROFES) VAN IMITALAS:
CADA CLASE, USANDO A ESTRATEXIA DA "MALETA" PARA FAVORECER O COÑECEMENTO DO GRUPO, ESCOITARÁ COMO AS COMPAÑEIRAS E OS COMPAÑEIROS PRESENTAN OS SEUS LIBROS PREFERIDOS E EXPLICAN O QUE SIGNIFICA CADA LIBRO PARA ELAS E ELES.
OS LIBROS PODERÁN DEIXALOS PARA QUE O RESTO OS LEA, BOTE UNHA OLLADA, ANOTE O TÍTULO,...
AO FINAL CONFECCIONARASE UN "LIBRO DE PRESENTACIÓN" QUE SE SUBIRÁ AOS BLOG.

2. ADEMAIS... ESTAMOS A TRABALLAR CON:
- POR QUE O 23 DE ABRIL É O DÍA DO LIBRO
- MIGUEL DE CERVANTES
- O QUIXOTE E A AVENTURA DOS MUÍÑOS

- ARTILUXIOS PARA LIBROS
- NORMAS E COIDADO DOS LIBROS
- DIVERSIDADE DE LIBROS: TEMÁTICAS, FORMAS, TAMAÑOS,...
- A CREACIÓN DE LIBROS
- ...
AXUDÁMONOS DE PRESENTACIÓNS. TEMOS UNHA PRESENTACIÓN-GUÍA:


ADEMAIS TEMOS PRESENTACIÓNS PARA DEBATER NORMAS DE USO DOS LIBROS


PARA COÑECER AOS PERSONAXES DE "DON QUIXOTE DA MANCHA" PODEMOS CLICAR AQUÍ
E PODEREMOS APRENDER MÁIS CLICANDO AQUÍ E AQUÍ

NAS CLASES DE INGLÉS TAMÉN TRABALLAMOS AO REDOR DO DÍA DO LIBRO, NELAS A FIGURA PRINCIPAL É SHAKESPEARE... MIRADE NO BLOG!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS

Hoxe no recreo estivemos facendo unha actividade sobre Luísa Villalta, para coñecer un pouco mellor á homenaxeada no Día das Letras Galegas.