27 may 2016

 Na Biblioteca do centro e por xentileza de XERAIS-ANAYA 3º recibiu a visita do escritor RAMÓN CARIDE, autor do libro "As viaxes de Ruki" que están a traballar durante este trimestre.
Tiveron unha sesión moi amena. O autor comentou anécdotas sobre o seu labor como escritor e profesor, a orixe deste libro, as fermosas ilustracións do seu amigo Manuel Uhia en acuarela, falou doutras das súas obras... É biólogo e o MEDIO-AMBIENTE e a súa conservación tamén é un tema recurrente na súa obra. Contestou a moitas das curiosidades do alumnado e este amosoulle os seus debuxos dos diferentes capítulos do libro. Rematou asinando os nosos libros e facendo unha dedicatoria moi agarimosa no LIBRO DA BIBLIOTECA. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

APADRIÑAMENTO LECTOR

Para celebrar o "Día do Libro" non podíamos facer outra cousa que potenciar un pouquiño a lectura. Neste caso, vemos como varios a...