28 ene 2020

HOXE XUNTANZA DO CLUB DE 1º-2º

HOXE O CLUB DE LECTURA DE 1º-2º REUNIUSE NA BIBLIOTECA PARA COMENTAR O LIBRO QUE LERON, "SUPERPODERES".
DESCUBRIRON QUE MOITOS DOS SUPERPODERES QUE VIÑAN NO LIBRO TAMÉN OS TIÑAN.
ALGUÉN COMENTOU QUE LLE FALTABA O SUPERPODER DA ORGANIZACIÓN. E HAI QUEN ATOPOU QUE TIÑA SUPERPODERES A MAIORES DOS INDICADOS NO LIBRO, ASÍ QUE FIXO UNHA LISTAXE.
TODAS E TODOS ATOPÁRONSE COA SORPRESA DE QUE LAMPI LLES PREPARARA UN AGASALLO!!
PROPUXERON LIBROS PARA LER, PERO... PENSARON QUE ERA MELLOR QUE LAMPI LLES PROPUXESE UN TÍTULO GUAI PORQUE LAMPI SABE MOITO DE LIBROS. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS

Hoxe no recreo estivemos facendo unha actividade sobre Luísa Villalta, para coñecer un pouco mellor á homenaxeada no Día das Letras Galegas.