12 feb 2020

O ENTROIDO E O HUMOR PROTAGONIZAN ESTES DÍAS O CENTRO

NAS CLASES ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE O CHISTE.
CHISTES DE DIVERSOS TIPOS APARECEN PARA QUE OS ANALICEMOS.
VEÑEN DENDE A BIBLIOTECA, DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, DENDE O DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, DENDE AS CASAS...
EVITAREMOS OS CHISTES SEXISTAS, XENÓFOBOS, RACISTAS,...

RECOLLEREMOS CHISTES EN TODO O CENTRO, OS QUE MÁIS NOS GUSTARON A TODAS E A TODOS.

UN LIBRO DE CHISTES?
XA VEREMOS QUE NOS PIDE LAMPI QUE FAGAMOS.

ADEMAIS XA ESTAMOS TRABALLANDO AO REDOR DA FESTA DO HUMOR E DA RETRANCA POR EXCELENCIA.

O ENTROIDO

APROVEITAMOS A FESTA PARA TRABALLAR CON CONTOS, REFRÁNS, ... LIBROS INFORMATIVOS, PRESENTACIÓNS RELACIONADOS COA FESTA. TAMÉN INVESTIGAMOS E ELABORAMOS OS DISFRACES.
NAS CLASES DE 3º, 4º, 5º E 6º ELABORAN OS TEXTOS DO XUÍZO E ÚLTIMAS VONTADES DO GALO VILAVERDIÑO... E, POR SUPOSTO, AS LADAÍÑAS. 

COMO SERÁN OS DISFRACES DESTE ANO? O 21 XA OS VEREMOS.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS

Hoxe no recreo estivemos facendo unha actividade sobre Luísa Villalta, para coñecer un pouco mellor á homenaxeada no Día das Letras Galegas.