17 jun 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA VERÁN

 Chegou o verán! E con el o bo tempo, as ganas de disfrutar... e como non podía ser doutra maneira, LAMPI marcha de vacacións, pero antes quixo deixarnos unhas recomendacións de lecturas ben xeitosas das que gozar no tempo libre.

Bo verán a todas e todos! Descansade, disfrutade e lede moito!








4 jun 2025

BIBLIO NO PATIO



Como cada ano, no mes de xuño, a biblioteca achégase ao patio. O tempo acompaña e apetece ler nas mesiñas de picnic que temos no patio.
Hoxe foi todo un éxito!




 

21 may 2025

PADRIÑOS LECTORES

Outro ano máis fixemos a actividade internivel de padriños lectores. É unha actividade que nos encanta!





 

ROBOTIZADOS

 Seguimos co material de Polos Creativos nos recreos, unha gran ferramenta de inclusión na que participa alumnado de todas as idades. 





LETRAS GALEGAS

 Coma sempre a nosa columna de conmemoracións acolleu os libros das Letras Galegas deste ano, que lle adicamos ás cantareiras.

E para celebralo estamos imprimindo pandeiretas na impresora 3D para todo o centro. 








MAIOS

O alumnado de 1º ciclo leu o libro "Maios e desmaios" e fixeron o seu propio maio, foron ao monte a por xestas e flores e logo escribiron unhas coplas estupendas que lles cantaron ao resto do cole. 






 

ROSALÍA DE CASTRO

 Cada aula traballou unha poesía e o alumnado trouxo fotografías feitas por eles mesmos relacionadas coa poesía.

Logo fixemos unha exposición na biblioteca. 




RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA VERÁN

 Chegou o verán! E con el o bo tempo, as ganas de disfrutar... e como non podía ser doutra maneira, LAMPI marcha de vacacións, pero antes qu...