24 feb 2020

RECITANDO A ROSALÍA

ESTE ANO O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO CAE NAS VACACIÓNS, PERO NÓS NON IMOS DEIXAR DE HOMENAXEALA.

O ALUMNADO DAS DIFERENTES CLASES PREPARA UN RECITADO INTERAULAS DOS SEUS POEMAS. SERÁ O DÍA 28.
REMITÍRONSE UNHAS CARTAS CUNS SOBRE FERMOSÍSIMOS




XA VOS CONTAREMOS!

21 feb 2020

VISITA DE AUTORA DO LIBRO LIDO EN 5º

5º TIVO UNHA XUNTANZA COA AUTORA DO LIBRO QUE LERON NESTE TRIMESTRE

ELA É ANA ALONSO E O LIBRO "OS TRES PEREGRINOS"

20 feb 2020

O CLUB DE 1º E 2º RECIBE NOVA CARTA

PARA ESTE TRIMESTRE, 1º E 2º TEN NOVA PROPOSTA DE LECTURA PARA O CLUB.
LAMPI ESCRIBIULLES UNHA CARTA.


OBRADOIRO DE ENTROIDO NA BIBLIOTECA

DURANTE ESTES DÍAS A BIBLIOTECA ÁBRESE AO ENTROIDO.
VELAQUÍ ALGUNHAS IMAXES DO OBRADOIRO QUE NELA SE DESENVOLVE:




CONCURSO DE RECITADO

HAI ALUMNADO QUE VAI PARTICIPAR NO CONCURSO DE RECITADO.
ONTE HOUBO A FASE PREVIA.
RECITARON XENIAL!
FOI UNHA SELECCIÓN COMPLICADÍSIMA.








LEVARON UN DIPLOMA TODAS E TODOS AO FINAL POLO BEN QUE O FIXERON.

INFANTIL DE TRES ANOS VISITA A BIBLIOTECA

O ALUMNADO DE INFANTIL DE TRES ANOS VAI Á BIBLIOTECA PARA FACER UNHA LECTURIÑA NO RECANTO DE PEQUES
LAMPI QUEDOU FELIZ!

16 feb 2020

NOVO ESPAZO LECTOR DEPENDENTE DA BIBLIOTECA

A BIBLIOTECA OFERTA UN NOVO ESPAZO LECTOR QUE ANIMA Á LECTURA INDIVIDUAL E/OU COLECTTIVA.
COLLER UN LIBRO E ACHEGARSE A ALGÚN DOS RECANTOS LECTORES PODE PROPORCIONAR DIFERENTES EXPERIENCIAS.
ÁNIMO! COLLE ALGO QUE LER E VEN A GOZAR!



ORBIL APROVEITOU A SÚA VISITA AO COLEXIO PARA FACER A INAUGURACIÓN OFICIAL.

13 feb 2020

A MASCOTA DO SALÓN DO LIBRO VISITA O CENTRO

ORBIL, A MASCOTA DO SALÓN DO LIBRO VISITA O CENTRO.
NENAS E NENOS CONVERSAN CON EL.
SEGURO QUE O VINDEIRO MARZO TODAS E TODOS VAN IR VELO AO SALÓN.




12 feb 2020

O ENTROIDO E O HUMOR PROTAGONIZAN ESTES DÍAS O CENTRO

NAS CLASES ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE O CHISTE.
CHISTES DE DIVERSOS TIPOS APARECEN PARA QUE OS ANALICEMOS.
VEÑEN DENDE A BIBLIOTECA, DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, DENDE O DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, DENDE AS CASAS...
EVITAREMOS OS CHISTES SEXISTAS, XENÓFOBOS, RACISTAS,...

RECOLLEREMOS CHISTES EN TODO O CENTRO, OS QUE MÁIS NOS GUSTARON A TODAS E A TODOS.

UN LIBRO DE CHISTES?
XA VEREMOS QUE NOS PIDE LAMPI QUE FAGAMOS.

ADEMAIS XA ESTAMOS TRABALLANDO AO REDOR DA FESTA DO HUMOR E DA RETRANCA POR EXCELENCIA.

O ENTROIDO

APROVEITAMOS A FESTA PARA TRABALLAR CON CONTOS, REFRÁNS, ... LIBROS INFORMATIVOS, PRESENTACIÓNS RELACIONADOS COA FESTA. TAMÉN INVESTIGAMOS E ELABORAMOS OS DISFRACES.
NAS CLASES DE 3º, 4º, 5º E 6º ELABORAN OS TEXTOS DO XUÍZO E ÚLTIMAS VONTADES DO GALO VILAVERDIÑO... E, POR SUPOSTO, AS LADAÍÑAS. 

COMO SERÁN OS DISFRACES DESTE ANO? O 21 XA OS VEREMOS.



10 feb 2020

9 feb 2020

7 feb 2020

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 6º

O CLUB D ELECTURA DE 6º REUNIUSE PARA COMENTAR O LIBRO LIDO.
FOI UNHA SESIÓN MOI INTERESANTE NA QUE, SOBRE TODO O LIBRO "EL CLUB DE LOS RAROS" DEU MOITO PARA DEBATER.

AGARDAMOS CON IMPACIENCIA O NOVO LIBRO DE LECTURA.


6 feb 2020

AO REDOR DO HUMOR

XA NAS CLASES LEVAMOS TRABALLADO AO REDOR DO HUMOR, NESTES DÍA, NON OBSTANTE, ESTAMOS DEDICÁNDOLLE UN TEMPO ESPECIAL. PELÍCULAS, HISTORIETAS, CANCIÓNS E CHISTES APARECEN POLAS AULAS.
TAMÉN A BIBLIOTECA TEN UN RECUNCHO ESPECIAL DESTINADO AO HUMOR, LAMPI FIXO UNHA PEQUENA ESCOLMA QUE EXPUXO NO ANDEL EXPOSITOR.








XORNADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

  Este sábado 9 de novembro, tivo lugar en Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia , un lugar de encontro onde ...