Este é o blog da Biblioteca do CEIP Vilaverde. Lampi, a mascota da biblioteca agárdate! Ven!
21 may 2025
PADRIÑOS LECTORES
ROBOTIZADOS
LETRAS GALEGAS
Coma sempre a nosa columna de conmemoracións acolleu os libros das Letras Galegas deste ano, que lle adicamos ás cantareiras.
E para celebralo estamos imprimindo pandeiretas na impresora 3D para todo o centro.
MAIOS
ROSALÍA DE CASTRO
Cada aula traballou unha poesía e o alumnado trouxo fotografías feitas por eles mesmos relacionadas coa poesía.
Logo fixemos unha exposición na biblioteca.
POLOS CREATIVOS
16 may 2025
LA AVENTURA JUNTO AL LAGO
Outra escritora ilustre visitou a nosa biblioteca, e neste caso quédanos moi pretiño xa que se trata da nai de Alicia de 3º.
Prensentounos o seu libro en primicia!
CLUBE DE LECTURA
As nosas marabillosas familias e coa colaboración da ANPA, organizaron un clube de lectura que se desenvolverá na biblioteca do noso centro en horario de tardes.
MULLERES DE CINE
As aulas fixeron carteis de película, onde as protagonistas son mulleres de alu-cine.
Empregamos o programa Canva e xa case somos expertas e expertos.
15 may 2025
ENCONTROS PLAMBE
A nosa coordinadora de biblioteca acudiu a Santiago aos Encontros Plambe, unha gran oportunidade para aprender as cousas tan marabillosas que fan os nosos compañeiros noutros centros e así tomar boa nota para poñelos en práctica.
LEDICIA COSTAS
Ledicia Costas visitou o noso colexio para charlar sobre os libros que lemos este curso:
Operación Macarrón, A señorita Bubble, Curriño....
Grazas Ledicia por ser tan boa con todas e todos, volve cando queiras!
14 may 2025
SALÓN DO LIBRO
BIBLIO NO PATIO
Como cada ano, no mes de xuño, a biblioteca achégase ao patio. O tempo acompaña e apetece ler nas mesiñas de picnic que temos no patio. Hoxe...
-
A TODAS AS MASCOTAS DE MASCOTILANDIA VILAVERDE, LLES GUSTA A POESÍA. É POR ISTO QUE REMITIRON UNHA CARTA ÁS CLASES SINALÁNDOLLES A DATA E O...
-
FOI EN 1995 CANDO A UNESCO APROBOU A CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. 1. SABEDES POR QUE O DÍA DO LIBRO É O 23 DE ABRIL? 2....
-
Con motivo da festividade do Día da paz e da non violencia , como xa é habitual na nosa biblioteca, ofrecemos libros relacionados coa temáti...