19 mar 2024

XOGOS DE MESA NA BIBLIOTECA

Comezamos o luns con xogos de mesa na biblioteca e nesta caso tocou o "xedrez" e a "oca". Pouco a pouco iremos incorporando novos desafíos aos pequechos, cal será o seguinte?

8 mar 2024

8 M: Día Internacional da Muller

Xa temos colocado o novo recuncho do Día Internacional da Muller. Deixámosvos uns exemplos de libros por se queredes traballar algunha idea cos vosos fillos e fillas. Esperamos que vos sexa de utilidade!

28 feb 2024

VISITA DE ORBIL

Hoxe tivemos a visita de ORBIL, a mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Aos nenos e nenas do centro encantoulles, polo que seguro que están desexando volver a velo.

10 ene 2024

XOGOS DE MESA

Hoxe na biblioteca estivemos aprendendo a xogar ao axedrez, ao "uno" e a outros xogos de cartas. Nos próximos días iremos introducindo novos xogos de mesa.

13 dic 2023

CONTACONTOS DE NADAL

Hoxe o alumnado que asistiu á biblioteca no tempo do recreo, levouse unha sorpresa. Ademais do contacontos, fixeron unha manualidade e leváronse un agasallo cada un.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA VERÁN

 Chegou o verán! E con el o bo tempo, as ganas de disfrutar... e como non podía ser doutra maneira, LAMPI marcha de vacacións, pero antes qu...