Xa non queda nada! Este martes abrimos!
E como xa chegou o outono, na nosa columna temática podedes atopar libros marabillosos relacionados co outono e o magosto!
Agardamos que disfrutedes!
Este é o blog da Biblioteca do CEIP Vilaverde. Lampi, a mascota da biblioteca agárdate! Ven!
Xa non queda nada! Este martes abrimos!
E como xa chegou o outono, na nosa columna temática podedes atopar libros marabillosos relacionados co outono e o magosto!
Agardamos que disfrutedes!
A biblioteca estará pechada en xuño, pero para aqueles amantes da lectura poñemos en marcha a biblio de patio.
Está sendo un éxito!!
Hoxe no recreo estivemos facendo unha actividade sobre Luísa Villalta, para coñecer un pouco mellor á homenaxeada no Día das Letras Galegas.
LUÍSA VILLALTA É A ESCRITORA HOMENAXEADA ESTE ANO POLAS LETRAS GALEGAS.
Recoñecida sobre todo como poeta, conta cunha ampla produción literaria noutros xéneros para os que realizou aportacións fundamentais. A Real Academia Galega destacou que Villalta "foi a creadora dunha obra única e sólida que a convirteu nunha das grandes figuras da literatura galega surxida na segunda mitade dos anos 80 e principios dos 90". Ademáis foi unha defensora incansable da nosa lingua e cultura.
A BIBLIOTECA DE LAMPI XA TEN UN ESPACIO DEDICADO A ELA.
Chegou o verán! E con el o bo tempo, as ganas de disfrutar... e como non podía ser doutra maneira, LAMPI marcha de vacacións, pero antes qu...