21 oct 2024

KOHA

 Sabedes que programa usamos para emprestar os libros aos máis cativos do cole?

Pois é un programa que se chama KOHA e que substitúe ao antigo Meiga. 

Ademais de usar as mestras e mestres para o empréstito semanal á nosa aula, tamén o empregan as nenas e nenos axudantes de biblioteca no tempo de recreo.

Aquí os podedes ver en acción! Moito traballan estes rapaces!





16 oct 2024

CONTACONTOS NO RECREO

 Hoxe tivemos a gran sorte de que a mestra Susi nos trouxo un contacontos para a hora do recreo.

Nada máis e nada menos que o libro "A figueira de pelostortos".  Un libro que podedes atopar na sección amarela, onde hai contos tan chulos coma este. 


Ademais de contar o conto, as nenas e os nenos asistentes realizaron unha dramatización, dando boa conta do que lles gustou o libro. 




Deixámosvos aquí un vídeo do libro por se vos gusta e vos animades a levalo para casa para lerllo ás vosas familias.






4 oct 2024

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

     Este ano contamos cunha gran axuda no tempo de recreo. As nenas e nenos de 5º e 6º veñen botarnos unha man para que a nosa biblioteca estea actualizada e ben ordenada.

    E gustoulles tanto que ata veñen polas tardes a seguir traballando arreo para que todo marche sobre rodas. Aquí tedes a dúas voluntarias de 5º poñendo tejuelos e gomets para que os libros estean listos para colocalos nos andeis.

    Grazas rapazas e rapaces porque estades traballando moito e moi ben, sodes marabillosos!



   

 

RECUNCHOS IMPORTANTES

 Ola lectoras e lectores. Sabedes onde atopar as novidades da nosa biblioteca?

Libros noviños saídos do forno. 

Pois xusto ao entrar na biblioteca a man dereita, ao lado dos libros de emocións e dos cómics. Podes atopalos nun estante que ten un carteliño que pon "Novidades".

Ademais lembramos que temos un buzón de suxerencias por se queres que merquemos algún libro interesante que non temos no noso catálogo.

Un saúdo! Lémonos!



30 sept 2024

A NOSA BIBLIOTECA

Queres usar a biblioteca pero non tes nin idea de como buscar ou gardar un libro? 

Pois bótalle unha ollada a este mapa e le máis abaixo a información! 




Como gardar un libro?

Ver gomet: Se é negro, laranxa, marrón ou amarelo colocámolo nesa estantería sen máis. 

Se é rosa colocámolo por número na súa estantería 

Se é azul, vermello ou verde, colocámolo pola primeira letra

Como ler un tejuelo?

82-N 

FER

LIB

1º NÚMERO: indica a sección onde se coloca. 8 é narrativa e o resto de números é de consulta 

2º APELIDO DO AUTOR: as tres primeiras letras do apelido do autor. Se buscas un autor en concreto debes buscar polo seu primeiro apelido. Isto significa que todos os libros do mesmo autor están sempre xuntos na estantería. 

3º LIBRO: as tres primeiras letras do título

Sigues tendo dúbidas? Pois non te preocupes. Este ano imos ter uns fabulosos axudantes de 5º e 6º na hora do recreo que te van axudar con todas as túas dúbidas.

Van identificados con petos laranxas ben rechamantes. Búscaos!

27 sept 2024

BENVIDO OUTONO

 Xa non queda nada! Este martes abrimos! 

E como xa chegou o outono, na nosa columna temática podedes atopar libros marabillosos relacionados co outono e o magosto!

Agardamos que disfrutedes!














23 sept 2024

BENVIDAS/OS AO CURSO 2024-2025





Queridas e queridos lectores, xa non queda nada para a apertura da nosa biblioteca no horario de recreo. Lembra que podes vir a coller libros e levalos para casa e tamén podes devolver o que xa liches, para que outra nena ou neno poida gozar das fantásticas aventuras que atopamos nos libros!
Este ano ven cargado de sorpresas! Queres descubrilas?

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA VERÁN

 Chegou o verán! E con el o bo tempo, as ganas de disfrutar... e como non podía ser doutra maneira, LAMPI marcha de vacacións, pero antes qu...