15 may 2025

14 may 2025

SALÓN DO LIBRO


Esta foi a nosa aportación ao Salón do libro. Dende biblioteca animamos a traballar os estereotipos de xérnero no cine de Disney e despois plasmalo nun gran libro que fixemos entre todas as aulas.
Ese libro metímolo dentro dunha cámara de cine.
Somos un cole de cine!



 

PINTACARAS

 Unha actividade que tivo gran éxito nos nosos recreos de biblioteca foi o pintacaras.

Daba gusto velos tan fermosos e felices cun pouquiño de pintura. 









ESCOLA DE FAMILIAS

 


Dende a ANPA organizaron unha charla con Lucía Pereda, que se celebrou na biblioteca do centro, sobre a prevención do acoso escolar. 
Nesta charla participaron moitas familias e todo o profesorado. NON ao acoso escolar!








VILAVERDIÑO






Dende o equipo de biblioteca encargámonos de deixar ben guapo a Vilaverdiño no seu día grande. E non podía ser doutro modo, tiña que ir de Director de cine.
Queremos darlle as grazas especialmente ao noso conserxe Paco que nos axudou a facer a armazón, e os nenos e nenas do cole que decoraron tan ben ao noso galo Vilaverdiño.

 

PROXECTO DE CINE




Dende biblioteca repartimos libros que foron feitos película, para traballar o noso proxecto sobre cine, e os nenos e nenas de 3 anos organizaron unha sesión de cine, con palomitas incluídas. 
Que ben o pasaron!

 

8 feb 2025

BIBLIO EN PAZ

Con motivo da festividade do Día da paz e da non violencia, como xa é habitual na nosa biblioteca, ofrecemos libros relacionados coa temática decorando o noso recuncho de conmemoracións. 

E a profe Susi no recreo realizou unhas actividades moi chulas como contacontos, taller de palomiñas da paz..

E tamén realizamos unha actividade todo o centro para dicir NON á violencia e SI á convivencia en harmonía. 










RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA VERÁN

 Chegou o verán! E con el o bo tempo, as ganas de disfrutar... e como non podía ser doutra maneira, LAMPI marcha de vacacións, pero antes qu...