Este é o blog da Biblioteca do CEIP Vilaverde. Lampi, a mascota da biblioteca agárdate! Ven!
23 abr 2024
APADRIÑAMENTO LECTOR
Para celebrar o "Día do Libro" non podíamos facer outra cousa que potenciar un pouquiño a lectura. Neste caso, vemos como varios alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria lles len uns contos aos pequenos e pequenas de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria.
22 abr 2024
DÍA DO LIBRO
Mañá, 23 de abril, celébrase o "Día do Libro" e na biblioteca de Lampi temos preparada unha exposición de contos de Miguel de Cervantes.
BUZÓN DE PROPOSTAS LECTORAS
Incorporamos na biblioteca de Lampi un buzón de propostas lectoras para aqueles rapaces e rapazas que queiran suxerirnos algúns libros para ter na biblio. É moi sinxelo: colledes un papeliño, anotades o título, metédelo no buzón e... maxia!! O libro aparecerá con moitas ganas de que alguén o colla para ler.
Na imaxe podedes ver a varios alumnos e alumnas de 5º que foron polas aulas explicando o funcionamento do buzón de propostas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
BIBLIO EN PAZ
Con motivo da festividade do Día da paz e da non violencia , como xa é habitual na nosa biblioteca, ofrecemos libros relacionados coa temáti...
-
FOI EN 1995 CANDO A UNESCO APROBOU A CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. 1. SABEDES POR QUE O DÍA DO LIBRO É O 23 DE ABRIL? 2....
-
A TODAS AS MASCOTAS DE MASCOTILANDIA VILAVERDE, LLES GUSTA A POESÍA. É POR ISTO QUE REMITIRON UNHA CARTA ÁS CLASES SINALÁNDOLLES A DATA E O...
-
NESTE TRIMESTRE DOUS NOVOS PROXECTOS PRECISAN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA, UN SOBRE OS SERES VIVOS EN 2º E OUTRO SOBRE O CORPO HUMANO EN 1º. ...