22 abr 2024

BUZÓN DE PROPOSTAS LECTORAS

Incorporamos na biblioteca de Lampi un buzón de propostas lectoras para aqueles rapaces e rapazas que queiran suxerirnos algúns libros para ter na biblio. É moi sinxelo: colledes un papeliño, anotades o título, metédelo no buzón e... maxia!! O libro aparecerá con moitas ganas de que alguén o colla para ler. Na imaxe podedes ver a varios alumnos e alumnas de 5º que foron polas aulas explicando o funcionamento do buzón de propostas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

APADRIÑAMENTO LECTOR

Para celebrar o "Día do Libro" non podíamos facer outra cousa que potenciar un pouquiño a lectura. Neste caso, vemos como varios a...