O 7 de novembro é o Día Internacional contra a violencia e o acoso escolar, polo que dende a biblioteca queremos facervos unha recomendación lectora moi interesante.
Trátase do libro "Invisible" de Eloy Moreno, que podedes atopar na letra M na sección verde.
Conta a historia dun neno que sufre acoso escolar por parte dun compañeiro, e pouco a pouco vai pasando a ser invisible, pois ninguén se da conta de que existe, ata que ocorre algo terrible un día, que o cambia todo.
Se sufres acoso non cales, avisa aos teus pais, á túa mestra... e se tes medo podes deixar unha nota no punto laranxa que está na entrada do colexio, fronte á biblioteca, ou incluso podes facelo na web do cole, neste enlace
No hay comentarios:
Publicar un comentario