Días moi intensos no noso colexio.
Dende a biblioteca organizamos unha serie de actividades con motivo da reivindicación do 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero,
Por un lado nas aulas levamos a cabo unha actividade que se chamou "Desmontando a Disney" e tratábase de visualizar por niveis pequenos trozos da película de Disney que lles tocou para detectar actitudes contrarias á igualdade entre homes e mulleres.
E resultou que Cenicienta non quería limpar a casa ela soa, Mulán quería escoller con quen casarse, a Sirenita non quería renunciar á súa voz... e un montón de cousas máis.
Para reflexar a nosa decepción coas mensaxes destas películas elaboramos o noso propio carrete de película reivindicando a nosa opinión ao respecto. E fixemos unha fermosa exposición na biblioteca para deixala ben bonita.
Ademais diso deixamos as nosas mensaxes onde deixamos claro que as mulleres poden ser todo o que elas se propoñan e que ninguén ten dereito a mandar sobre elas. Tamén nos anudamos un lazo morado nos nosos pulsos.
Levamos a cabo lecturas como "Rosa caramelo" ou "Pepuka" entre outras, onde descubrimos e debatimos sobre as inxustizas que moitas nenas teñen que sufrir mesmo dende o momento de nacer. Xa que se lles pide que sexan fermosas, princesas, perfectas.... vaia rollo!
E unha actividade que nos encantou e á que asistiron moitísimos nenos e nenas foi o pintado de uñas violetas durante o recreo. Foi moi bonito ver que moitos nenos deixaron atrás os seus prexuizos e pintaron as uñas, xa que pintarse as uñas non só é de nenas.
Tamén prepararon unha actividade moi chula onde as nenas e nenos expresaron o seu rexeitamento á violencia cuns debuxos moi bonitos.
Grazas a toda a nosa Comunidade Educativa por formar parte disto, lembrade que a educación en igualdade é cousa de todas e todos. As nosas nenas merecen ser libres e ser o que elas queiran.
E se ti que estás lendo isto necesitas axuda, lembra que podes chamar ao 016, e que non queda rastro na factura telefónica. E que na nosa escola estaremos sempre para axudarte. Non estás soa, non cales!
No hay comentarios:
Publicar un comentario